Contido coa etiqueta .
Accidente Aéreo

O accidente aéreo de Corea do Sur deixa 179 vítimas mortais e dous sobreviventes
29/12/2024 03:52
O avión de Jeju Air, con 181 persoas a bordo, bateu contra un valo cando aterraba no aeroporto de Muan, no suroeste do país
As primeiras hipóteses apuntan a un problema no tren de aterraxe, que non despregou, ao parecer polo impacto cun paxaro
Trátase da traxedia aérea cun maior número de vítimas mortais ocorrida en territorio surcoreano

Polo menos 32 sobreviventes ao estrelarse un avión en Kazakistán con 67 pasaxeiros
25/12/2024 10:00
As autoridades kazakas cifran en 38 mortos no accidente do avión acerbaixano
Azerbaijan Airlines sinalou que, segundo datos preliminares, o accidente puido ser provocado polo choque da aeronave cunha bandada de paxaros
Outras fontes apuntan á posible explosión dunha bombona de osíxeno

Dez mortos e dezasete feridos ao estrelarse unha avioneta no Brasil
23/12/2024 09:15
Todas as vítimas eran membros dunha mesma familia

A investigación apunta a unha ave de gran tamaño como causa do accidente do F-18
03/12/2024 13:33
Francisco Braco, xefe do Estado Maior do Exército do Aire e do Espazo, precisou que a investigación segue aberta
O tenente coronel contaba con máis de 2.358 horas de voo, 970 en F-18

Morre un piloto español en Lituania ao estrelarse un avión de carga
25/11/2024 11:25
A bordo da aeronave viaxaban catro persoas e dúas delas foron evacuadas a centros hospitalarios

Falece un matrimonio de Ponferrada tras estrelarse unha avioneta en Cimanes del Tejar
22/11/2024 18:56
Tras localizar o vehículo nunha zona de monte, os servizos de emerxencias só puideron confirmar a morte de ambos os dous ocupantes
Perderan o contacto co Servizo de Busca e Rescate Aéreo a unhas 15 millas de León ás 14:38 horas deste venres

Morre un piloto dun F-18 do Exército que se estrelou en Teruel
04/10/2024 13:40
Defensa informara de que activaran os medios de rescate para tratar de dar con el, pero finalmente certificaron o seu falecemento

Tres falecidos pola colisión dun helicóptero cunha liña de alta tensión en Puçol
29/09/2024 13:41
Eran tres traballadores especializados en tarefas de revisión de liñas eléctricas

18/09/2024 13:52
A avioneta realizaba un voo de instrución e pertence á empresa FLyBy, unha escola privada de formación de pilotos con sede no aeroporto de Burgos, de onde engalara

Catro militares lusos mortos e un desaparecido tras a caída dun helicóptero no río Douro
30/08/2024 17:51
O piloto foi rescatado con vida e continúa o operativo para atopar ao último militar
O helicóptero partiu en dúas partes e dous dos corpos foron localizados dentro, mentres que os outros dous apareceron xunto á cola do vehículo

Morren as 61 persoas a bordo do avión que se estrelou nunha cidade próxima a São Paulo
10/08/2024 09:28
A aeronave realizaba o traxecto entre Cascavel e o aeroporto internacional de Guarulhos

Cae un avión con 61 persoas a bordo nunha área rural do Brasil
09/08/2024 19:29
As primeiras hipóteses apuntan á formación de xeo nas ás do aparello
O presidente Lula da Silva decretou tres días de loito oficial polas vítimas

Boeing acepta declararse culpable no caso penal do 737 MAX
08/07/2024 10:22
A compañía admite que enganou os reguladores de seguridade estadounidenses
Trescentas corenta e seis persoas morreron en dous accidentes en 2018 e 2019 en Indonesia e Etiopía por fallos de deseño no seu modelo 737 MAX

02/07/2024 08:21
Entre os feridos figura un mariñeiro do Porto do Son
O voo de Air Europa aterrou no Brasil tras sufrir turbulencias

Tres mortos no accidente dunha avioneta sobre unha autoestrada en Francia
30/06/2024 18:40
Sucedeu na autoestrada A-4 en Seine et Marne, en Lognes, a uns 25 quilómetros de París
O accidente estaría relacionado coa colisión cunha liña de alta tensión en Seine et Marne
O aparello embestiu contra a medianeira, pero non chocou contra ningún dos vehículos que circulaba pola calzada

Dous mortos no accidente dunha avioneta que se estrelou en Córdoba
29/06/2024 16:55
A avioneta, que partira de Sevilla cara a Murcia, caeu sobre un campo de oliveiras por causas que se descoñecen

O Congreso apoia unha única autoridade para investigar accidentes de tren, avión e barco
27/06/2024 13:10
O novo organismo único asumirá as competencias de tres comisións adscritas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible

Morre un piloto galego no choque de dúas aeronaves nun festival aéreo en Portugal
02/06/2024 21:03
O accidente, que causou ademais un ferido de nacionalidade lusa, ocorreu na localidade de Beja, no sur do país
O falecido era integrante da patrulla acrobática ibérica Yakstars, constituída por españois e portugueses

Morren dous mozos en Madrid ao esnafrarse a avioneta na que viaxaban
31/05/2024 21:59
O impacto da aeronave provocou un incendio e non foi ata varias horas despois que os bombeiros confirmaron o seu falecemento

Cae un ultralixeiro fóra da pista do aeródromo de Monforte de Lemos
28/05/2024 19:23
O accidente deixou dous feridos
Por sorte, o accidente non foi moi grave e puideron saír do avión sen axuda

Un accidente cun ultralixeiro en Cáceres deixa un morto e un ferido grave
23/05/2024 21:47
Un falecido de 45 anos e o instrutor ferido grave durante unhas prácticas de voo

Vinte pasaxeiros do voo de Singapore Airlines están en coidados intensivos
22/05/2024 12:53
Outros 38 pasaxeiros feridos xa se atopan en planta, entre eles un español, e xa se lles deu a alta a outros 27
O director executivo de Singapore Airlines pediu desculpas pola "traumática experiencia" do voo

Un falecido e 30 feridos por "fortes turbulencias" nun voo de Londres a Singapur
21/05/2024 19:16
Sete dos feridos atópanse en estado crítico
O avión tivo que facer unha aterraxe de emerxencia en Bangkok

Confusión en Irán na intensa busca do helicóptero en que viaxaba o presidente
19/05/2024 22:54
O exército asegura que localizou o lugar onde está a aeronave sinistrada que transportaba a Ebrahim Raisi
Viaxaban tamén o ministro de Exteriores e outros destacados dirixentes do país
Os países árabes solidarízanse con Irán e ofrecen a súa axuda

O helicóptero do presidente iraniano, en paradoiro descoñecido tras unha aterraxe forzosa
19/05/2024 16:12
As autoridades do país non dan detalles do suceso que afectou o conservador Ibrahim Raisi
A televisión iraniana emite rezos polo presidente iraniano, mentres continúa a súa procura

Un veciño de Betanzos falece nun accidente aéreo nos EUA coa súa muller e o seu fillo
11/03/2024 18:03
O home residía en Miami, onde estaba á fronte da escola de pilotos Atlantis Aviation
O sinistro tivo lugar cando intentaban unha aterraxe de emerxencia co seu avión privado

Unha autoridade independente investigará os sinistros aéreos, ferroviarios e marítimos
20/02/2024 11:44
O Goberno crea a Administrativa Independente para a investigación técnica de accidentes e incidentes ferroviarios, marítimos e de aviación civil que absorverá as funcións que actualmente desenvolven a CIAF, CIAIM e CIAIAC
Trátase dunha vella reivindicación de asociación de vítimas deste tipo de sinsitros que criticaban a falta de imparcialidade nesas investigacións pola dependencia que tiñan do Goberno os seus responsables
O Goberno recupera a Comisión Nacional da Enerxía (CNE) e reforza as súas funcións

Dous mortos ao caer e incendiarse unha avioneta en Guadalaxara
28/01/2024 21:11
Os corpos das vítimas tiveron que ser rescatados por un helicóptero da Garda Civil

Moscova acusa o exército de Ucraína de derrubar un avión ruso en Bélgorod
24/01/2024 10:37
As autoridades rusas confirman a morte dos 74 ocupantes do avión militar ruso estrelado en que viaxaban 65 prisioneiros de guerra ucraínos
Ucraína non confirma nin desminte a súa responsabilidade e limítase a dicir que investigarán se realmente os presos ían na aeronave

Morre un piloto español en Chile ao estrelarse a súa avioneta contra unha autoestrada
17/01/2024 09:40
Pilotaba unha avioneta que colaboraba na extinción dun incendio forestal
O falecido, valenciado de 58 anos, perdeu o control da aeronave ao bater contra o cableame eléctrico

Un avión aterra con éxito en Portland tras perder parte da fuselaxe
06/01/2024 11:34
A tripulación informáralle á axencia federal de aviación estadounidense dun problema de presurización

Cae un helicóptero en plena M-40 de Madrid
01/12/2023 10:52
Os dous ocupantes do helicóptero non presentan lesións de gravidade
O helicóptero viña dunha exhibición que se estaba realizando no IFEMA

Morren catorce persoas ao estrelarse unha avioneta na selva amazónica
18/09/2023 08:06
As vítimas eran doce turistas e dous tripulantes, todos brasileiros, que se dirixían de Manaus a Barcelos

Rusia confirma coas análises xenéticas a morte de Prigozhin no avión accidentado
27/08/2023 16:16
Os investigadores identifican aos falecidos como os integrantes da listaxe publicada o día do incidente
Co líder de Wagner ían outras nove persoas, entre elas Dimitri Utkin, outro dos homes fortes do grupo

15 anos do accidente de Spanair que deixou 154 mortos en Baraxas
20/08/2023 10:00
A maior traxedia aérea en España no século XXI marcou un antes e un despois na seguridade aérea
Unha sucesión de equivocacións e de fallos causou o sinistro cando o aparello que ía realizar o traxecto entre Madrid e As Palmas engalaba
Flores e poemas lembran este domingo as vítimas con homenaxes en Madrid e Gran Canaria

Cincuenta anos da maior traxedia aérea da aviación civil en Galicia
13/08/2023 10:12
Un avión con 85 persoas a bordo estrelouse na Coruña o 13 de agosto de 1973 por un erro do piloto na manobra de aproximación a Alvedro con néboa
Non houbo sobreviventes no accidente

Falece unha persoa ao esnafrarse unha avioneta en Mérida
25/07/2023 20:15
Polo de agora descoñécense as causas do sinistro

Unha avioneta espétase nun hangar do aeroporto de Long Beach, California
11/07/2023 11:56
O piloto, que quedou ferido de gravidade, estaba "practicando aterraxes e engalaxes".